martes, 18 de febrero de 2014

Impresoras 3D


Impresoras 3D
   Unha impresora 3D é unha máquina capaz de 'imprimir' ' deseños en 3 dimensións, creando pezas ou maquetas con volume a partir dun deseño feito por ordenador. Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. As primeiras utilizan unha tinta que funciona como aglomerante e compacta o po e permiten imprimir en diferentes cores. Non obstante as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar duro e despois se somerxe nun líquido para que as zonas máis duras se solidifiquen.


    As impresoras 3D basicamente creáronse para transformar arquivos CAD en 3 dimensións en prototipos reais. Do mesmo modo que unha impresora convencional é capaz de imprimir unha folla de papel cos esquemas realizados nun programa CAD 2 D, as impresoras 3D son capaces de dar corpo aos deseños en 3 dimensións.
Impresora de tinta.
Impresora láser
Video
    O proceso de impresión tridimensional é, fundamentalmente, ir creando un prototipo capa por capa e dende abaixo ata arriba. Para iso a máquina deposita unha capa do material seleccionado, dependendo da impresora (plástico, papel, goma e diversos metais), en po; compáctase a zona que lle indica o ordenador e vólvese repetir o proceso colocando unha capa sobre outra ata que se completa a peza. Esta tecnoloxía non necesita estruturas de soporte durante a fase de construción, xa que o po cumpre esa función ata que a peza se desenterra da cubeta de fabricación. As pezas constrúense a partir dos datos dun arquivo CAD en formato.STL(monocromo) ou.VRML (cor).
   Aplicacións típicas inclúen visualización de deseños, arquitectura, educación, saúde e entretemento. Outras aplicacións poden chegar a incluír reconstrución de fósiles en paleontoloxía, replicado de antigüidades ou pezas de especial valor en arqueoloxía e reconstrución de ósos e partes do corpo en ciencia forense e patoloxía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario